Relatoras

Amarna Miller (Madrid, 1990), psiconáuta profesional, alma libre e cidadá do mundo. Traballou como actriz porno durante 8 anos e actualmente é unha activista pro-sex e ofrece charlas sobre porno ético, feminismo e como loitar para conseguir o que realmente queres facer na vida. Graduada en Belas Artes e especializada en vídeo e fotografía artística, Amarna é adicta a saír da zona de confort. Ademais, ten un canal de Youtube onde fala sobre feminismo, sexualidade, ecoloxía e viaxes. A súa vida consiste en viaxar ao redor do mundo mentres escribe artigos para revistas.

Ana Torres Jack é licenciada en Psicoloxía e Máster en medios de comunicación. Desde 1998 é orientadora educativa de ensino secundario. É colaboradora de La Voz de Galicia, publicando semanalmente artigos dirixidos a familias e docentes dentro do suplemento La Voz de la Escuela. É autora do libro “Orientación Educativa: 100 claves para pais e profesores”. Creadora da sección web “Os fillos: instrucións de uso” dentro da canle educativa da Fundación Barrié, onde publicou series monográficas con enfoque práctico dedicadas á estimulación da intelixencia e o talento, o desenvolvemento físico, emocional e intelectual na infancia e adolescencia, entre outros. É autora do libro “Máis aló do azul e do rosa. Como previr a desigualdade de xénero e a violencia machista desde a familia”.

Mª Dolores Aguilar Redorta, licenciada en Medicina pola Universidades Autónoma de Barcelona, con especialidade MIR en Pediatría e especialidade universitaria en menores en dificultade e conflito. Tamén é experta en psicoterapia breve con nenos e adolescentes e posúe un posgrao en Pediatría Social. Foi poñente docente en numerosas xornadas, másters, cursos e talleres sobre as consecuencias da violencia de xénero nas mulleres e os seus fillos e fillas e a súa intervención multidisciplinar. Ademais é coautora do libro “Detrás da parede” Unha mirada multidisciplinar acerca dos nenos, nenas e adolescentes expostos á violencia de xénero.

Carlos de Francisco Moure, Licenciado en psicoloxía, formado en psicoterapia, intervencións familiares e modelos sistémicos na Unidade Venres Clínicos da Universidade de Santiago de Compostela e na Unidade de Investigación en Intervención e Coidado familiar da Universidade de A Coruña (UIICF) con Valentín Escudero. Tamén traballou nesta unidade como terapeuta colaborador traballando no Programa de Avaliación e Tratamento Terapéutico de menores en situación de risco e desamparo da Xunta de Galicia. Ademais, colaborou no Máster de intervención familiar da UdC que se organiza desde la UIICF. No ámbito privado, traballou como psicólogo no Centro Alén, Centro de protección á infancia e as súas familias. Toda a súa actividade está ligada a axudar a que menores e súas familias poidan afrontar os seus desaxustes emocionais e conductuais, consecuencia da exposición a diferentes formas de malos tratos.

Sara Vierna Fernández, Diplomada en Educación Social pola Universidade da Coruña. Experta en Igualdade, posgraduada no Máster en Género e Políticas de Igualdade da Universitat de València na área de investigación có traballo “Neoprincesas de tocador” polo que recibiu o I Premio de igualdade Olga Quiñones. Sara leva anos desenvolvendo o seu traballo como formadora en igualdade en colexios, institutos, universidades, ONGs, asociacións e nas consellarías de igualdade, educación e benestar social de diferentes concellos. Ademais tamén desenvolve o seu traballo no ámbito da xestión do ocio e do tempo libre có mesmo enfoque coeducativo.

Mª Sonia Fernández Casal é licenciada en Ciencias Exactas e Máster en Xénero e Políticas de Igualdade pola Universidade da Coruña. Foi responsable da Secretaría da Muller do STEG (Sindicato de traballadoras e traballadores do ensino de Galiza). Na actualidade forma parte da directiva de Nova Escola Galega e é mestra de matemáticas no IES Plurilingüe Fontexería (Muros).

Gloria Isabel Serrato Azat licenciouse en Dereito en Bogotá no ano 1979, na Universidade Externado de Colombia. Tamén posúe un diploma de formación superior en Intervención social con colectivos específicos que adquiriu en Madrid. Ademais ten formación profesional de Mediadora social, asesora en programas de sensibilización, coordinadora de aula de apoio escolar e coordinadora de alfabetización. Realizou diversos reportaxes e tráileres e tamén diferentes vídeos. Unha das súas publicacións máis recentes é a de “Formación en relación”, da cal foi coautora xunto con Mª Jesús Cerviño Saavedra e Graciela Hernández Morales.

Rubén Torres Campelo, Mestre especialista en Educación Infantil (UVigo), Licenciado en Psicopedagoxía (USC), Máster en Procesos de Formación (USC), Doutor en Educación (USC) coa tese: “Análise da Identidade de Xénero: A construción da masculinidade na adolescencia”. É un apaixonado da educación e leva traballado en distintos proxectos educativos: persoas con discapacidade intelectual adultas, menores, no ámbito do tempo libre, e nos últimos anos como profesor de ensino secundario.

Reina D´Hoore, artista e coach, formouse con Tiga, fundador de Saint-Soleil en Haiti, en teatro (Espazo Aberto), danza contemporánea e outras técnicas artísticas. Estudou Xestión de Recursos Humanos (ULB), certificouse internacionalmente en coaching como Experta en Coaching (IEC) e  como Practitioner en Programación Neurolingüística (IPH). Actualmente esta formándose como terapeuta Gestalt (Guibor).

Mónica García Blanco, Psicóloga educativa que actualmente exerce funcións de coordinación na Unidade de Dificultades na Aprendizaxe e no Desenvolvemento. Colaboradora en formación en intelixencia emocional en Compostela emociónase. O seu perfil profesional é o de Psicóloga educativa.

Julia Tábora é periodista e consultora de comunicación. Ao longo dos últimos anos traballou como responsable de comunicación e marketing para firmas do sector farmacéutico e healthcare en España e deseñou numerosas campañas de comunicación para posicionar e dar visibilidade a organizacións ambientais, sociais e turísticas en Haití, República Dominicana, Colombia, México, Aruba e Curacao. Ademais da súa especialización na área corporativa e institucional, imparte conferencias sobre construción e proxeción de marca persoal, comunicación de crisis, comunicación para o liderazgo e formación de portavoces.

Inma G. Rodicio, formada en Terapia Gestalt pola Escuela GUIBOR de Terapia Gestalt de Santiago de Compostela. Membro adherente da A.E.T.G (Asociación Española de Terapia Gestalt). En formación continua Psicoterapia Integrativa, programa SAT. Eneagrama. Fundación Claudio Naranjo. Autora dos talleres En-Movimiento Gestalt e Entre Mulleres (talleres de auto-investigación feminina) como unha guía de movemento e estudio dos nosos mapas emocionais a través do corpo e da terapia Gestalt. Trabajadora Social especializada en Violencia de Xénero, 16 anos de desenvolvemento laboral continuado nos ámbitos da Muller e Inmigración.

Carmen González Pais, licenciada en Psicoloxía (USC, 1993), Master en Psicoloxía Xurídica (UNED, 1999), Psicóloga Forense acreditada (SEPJF e COP Madrid, 2016), e Vogal da Comisión Deontolóxica do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (2013-2017). Desde 1999, experiencia en diferentes campos relacionados coa violencia (sexual, familiar e de xénero), con vítimas e agresores, tanto no ámbito terapéutico (Vagalume, Programa Galicia, Gabinete de Psicoloxía Recursos, programas do COPG), como pericial. Desde o ano 2009 exerce na Unidade de Psicoloxía Forense (USC), no proxecto “Asistencia técnica á Administración de Xusticia” (avaliación da credibilidade e pegada psicolóxica).

Noa Tilve Cabada, licenciada en psicoloxía, e master europeo en sexoloxía. Traballa
nos Centros Quérote+ dende 2006, e é Coordinadora dos Centros Quérote+ de Galicia dende o 2013. Dende o 2006 fai labores de información e asesoramento á mocidade, a profesionais e a familias en materia afectivo sexual, e realiza accións formativas en centros educativos de Galicia, concellos e asociacións.  Deseña, xunto co equipo de traballo, accións formativas, campañas de sensibilización para a mocidade e a poboación en xeral, aportacións aos plans estratéxicos da Xunta en todos os ámbitos vinculados coa mocidade, etc.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s