Acércate
VII XORNADAS: IGUALDADE E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO. AMES 2017
ORGANIZA: CONCELLO AMES– CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER
NORMATIVA
Estas xornadas divídense en dous bloques. Pódese asistir a cada bloque por separado, sen ter porqué asistir a totalidade dos bloques necesariamente.
O BLOQUE I (mañá):
As prazas son limitadas e conta con un aforo de ata 120 persoas.
Por ser o primeiro e debido ao formato dos contidos deste bloque as persoas asistentes serán acreditadas e disporán de material tal como: libreta, bolígrafo, programa, etc.
BOLQUE II (OBRADOIROS):
Este bloque está aberto ao público xeral.
As prazas son limitadas para cada sala.
- sala A (auditorio): 80 prazas
- sala B (aula primeira planta): 25 prazas
- sala C (aula primeira planta): 15 prazas
ASISTENCIA OBRIGATORIA
Esta formación presencial, é gratuíta, depende do Concello de Ames, está subvencionada pola Deputación de A Coruña, é polo tanto é de asistencia obrigatoria.
No caso de non poder asistir, deberá notificalo á organización con 3 días de antelación, para deixar a súa praza libre para outros/as posibles participantes.
No caso de ser faltas xustificadas, deberase aportar documentación xustificativa que o acredite, para non ser penalizado/a. Enviando unha copia do xustificante á dirección de email amesacercate@gmail.com
En caso de ser faltas sen xustificar a penalización supón non poder participar en ningunha acción formativa* que organice o Concello de Ames para o que resta do ano 2017 ao ano 2018.
*Congresos, xornadas formativas, foros, seminarios, etc.
DIPLOMAS ACREDITATIVOS:
Entregarase un diploma acreditativo en formato dixital a todas as persoas inscritas nas xornadas.
A entrega de estes diplomas farase vía email, nun prazo de entre 10 e 20 días dende o remate das xornadas.
O Descoñecemento das normas non exime do seu cumprimento
Para calquera aclaración pode poñerse en contacto coa organización a través do email: amesacercate@gmail.com